![]() |
|
MIGUEL ÁNGEL DÍAZ NA MEDIA MARATÓN DE VALLADOLID
O atleta limián, Miguel Ángel Díaz, acadou o posto 175 na meta da Media Maratón de Valladolid. Unha hora e 22 minutos foi o tempo empregado por este fondista, quedando no posto número 15 dentro da súa categoría (veterano B). Un total de 1370 atletas, chegaron á meta situada na praza maior, nesta proba que tamén valía para o Campionato de España. Engadida o 21 Sep 2008
BO COMEZO DE LIGA DO ANTELA
O equipo do Antela C.F. comezou unha nova tempada na 1ª Rexional resolvendo por goleada (4-0) o partido que xogou no campo de A Moreira frente o Amoeiro.
Engadida o 08 Sep 2008
AUGUSTO LÓPEZ NA MARATÓN DE MADRID
O atleta da A. D. LIMIACTIVA, Augusto López logrou completar o esixente percorrido da Maratón Popular de Madrid. Este fondista limián, chegou á meta no posto 6889, acadando un tempo de 4 horas, 44 minutos e 26 segundos. Nesta edición 7617 corredores conseguiron chegar á meta. Engadida o 03 May 2008
RESULTADOS DA VIG-BAY 2008
Un total de 2361 atletas conseguiron remata-la IX Medio Maratón Vig-Bay. O vencedor da proba foi o marroquí Yossf El Kalai, cun tempo en meta de 1:04:21. Coma sempre, destacar a carreira feita polo mellor atleta limián do momento, Miguel A. Díaz, que segue facendo boas marcas en tódalas carreiras nas que compite. Engadida o 08 Apr 2008
RESUTALDOS CARREIRA A MERCA 30/03/08
Estes son os resultados acadados polos atletas da A. D. Limiactiva na Carreira Popular de A Merca.
Podedes consultar os resultados completos en
Augusto López López participou na 2ª edición da Carreira Cidade Universitaria acadando o posto 288 cun tempo nos 10 km de 49:42 Engadida o 31 Mar 2008
<< Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte >> |
![]() |
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |








