![]() |
|
RESULTADOS NA POPULAR SAN MARTIÑO EN OURENSE
Tódolos resultados en Championchipnorte Engadida o 17 Nov 2008
RESULTADOS DOS ATLETAS DE LIMIACTIVA EN SANTIAGO
Engadida o 28 Oct 2008
OUTRO RECORD DE PARTICIPACIÓN EN SANTIAGO
A XXXI edición da Popular de Santiago reuniu a case 7.000 atletas. David Kilel, corredor africano, logrou cruzar a meta en primeiro lugar, cun tempo de 34m 47 seg. Nos próximos días colgaremos os resultados dos atletas de Limiactiva, que participaron na proba.
Engadida o 27 Oct 2008
II MARATÓN DO MIÑO. 28/09/08
Bo resultado o conseguido polo equipo de Atanes, Máximo e Miguel, que acadaron o 7º lugar na clasificación na carreira de relevos. Por outra banda, o equipo formado por Juan Manuel, Óscar e Ángel, non pudo clasificarse pola pérdida do chip. Aínda así os tres relevistas remataron a proba cun tempo de 3 horas e 27 minutos. Os participantes na andaina, Noelia, Cris, Víctor, Cristina e Tania, non conseguiron rematar os 42.195 metros dos que constaba a proba. Dende LIMIACTIVA, queremos darlle a noraboa a organización, e animalos a seguir con esta iniciativa.
Engadida o 29 Sep 2008
MIGUEL ÁNGEL DÍAZ NA MEDIA MARATÓN DE VALLADOLID
O atleta limián, Miguel Ángel Díaz, acadou o posto 175 na meta da Media Maratón de Valladolid. Unha hora e 22 minutos foi o tempo empregado por este fondista, quedando no posto número 15 dentro da súa categoría (veterano B). Un total de 1370 atletas, chegaron á meta situada na praza maior, nesta proba que tamén valía para o Campionato de España. Engadida o 21 Sep 2008
|
![]() |
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |








