¿QUÉN SOMOS?

A Asociación Deportiva Limiactiva é un proxecto que nace o 5 de xuño de 2005, gracias a iniciativa de un grupo de amigos deportistas que se decidiron a poñelo en marcha.

A creación da Escola de Atletismo Limiactiva marca un punto de inflexión na súa traxectoria, pois no 2009 dóbrase o número de licencias de atletismo existentes no clube, que antes so contaba con atletas de categoría senior e veterán.

Esta Escola de Atletismo foi incluida no Plan Galego de Tecnificación da Federación Galega de Atletismo como Núcleo de Iniciación Básica de nivel 1 na tempada 2010-2011.

Tamén organizamos, por iniciativa propia ou colaboracións, varios eventos deportivos, que axudan a fomentar a práctica do atletismo na nosa comarca, como poden ser carreiras populares e xornadas de Xogando ó Atletismo, etc...

A Asociación Deportiva Limiactiva inscribiuse no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia co número C-08603 con data do 9 de setembro de 2005.

Subcategorías

   
    Wetter Ostsee

Contador de Visitas

065621
HOXEHOXE10
ONTEONTE100
ESTA SEMÁNESTA SEMÁN110
ESTE MESESTE MES2663
TOTALTOTAL65621

A ENTREVISTA