Ruta
Home NOVAS
PATROCINADORES
Banner
CONCELLLO DE XINZO DE LIMIA
PATROCINADORES
Banner
DEPUTACIÓN DE OURENSE
PATROCINADORES
Banner
DEPORTE GALEGO

PostHeaderIcon NOVAS

PostHeaderIcon ADESTRAMENTO "OS MILAGROS"

O próximo domingo día 5 de setembro, realizaremos un adestramento con saída en Xinzo de Limia, e chegada no Santuario dos Milagros.

Para os que aínda non están para facer os 25 Qms. deste percorrido, temos previsto outra saída dende Vilar de Barrio, quedando a distancia reducida ós 10 Qms.

O que queira participar, pode enviar un mail a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla , e informaremos de horarios previstos.

 

 

PostHeaderIcon SUSPÉNDESE O CAMPUS ANTIOQUÍA

A Asociación Baloncesto Xinzo e a Asociación Deportiva Limiactiva, tomaron a decisión de suspender o CAMPUS ANTIOQUÍA, previsto para o 18 de agosto.

O motivo da suspensión foi a falta de participantes apuntados, pois o número de inscritos non chegou ó estipulado polos organizadores deste evento.

 

PostHeaderIcon AÍDA MARTÍNEZ SUBCAMPEONA GALEGA ALEVÍN EN 2.000 METROS

A nosa xoven atleta, AÍDA MARTÍNEZ, proclamouse subcampeona galega alevín na distancia de 2.000 metros, cun tempo de 8:08:78, por detrás de María Pérez Boente, do Comesaña Sporting Club.

O Campeonato Galego, alevín e infantil, celebrouse este ano nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, o pasado sabado día 5 de xuño.

O resto de marcas de atletas limiáns foron:

ALVARO LÓPEZ SÁNCHEZ (A. D. LIMIACTIVA) 10º en 1.000 metros infantil. (3:28:08)

ALBA RIVERO PAZ (A. D. LIMIACTIVA) 5ª en 150 metros infantil. (00:24:47)

MIRIAM OPAZO (A. D. LIMIACTIVA) 9ª en 1.000 metros infantil. (03:49:88)

IRENE MORALES JIMÉNEZ (AGRUP. DEP. A LIMIA) 6ª en 2.000 metros alevín (08:54:93)

CARLOS LÓPEZ SÁNCHEZ (AGRUP. DEP. A LIMIA) 3º en 2.000 metros alevín (07:16:42)

MUSTAPHA NOURI (AGRUP. DEP. A LIMIA) 5ª en 2.000 metros alevín (07:34:59)

ZIAT NAGIHI (AGRUP. DEP. A LIMIA) 6ª en 2.000 metros alevín (07:42:46)

NOUH BECHICKY (AGRUP. DEP. A LIMIA) 10ª en 500 metros alevín (01:40:54)

 

Noraboa a todos.

 

Actualizado (Lunes, 07 de Junio de 2010 16:45)

 

PostHeaderIcon CAMPEONATO PROVINCIAL ESCOLAR EN PISTA (08/05/10)

O atletismo limian pode presumir de contar cunha das mellores canteiras provinciais, pos tanto a ASOCIACIÓN DEPORTIVA LIMIACTIVA, coma a A .D. LIMIA, lograron uns estupendos resultados no Provincial de Pista celebrado nas pistas de Monterrei de Pereiro de Aguiar.

Por parte da A. D. LIMIACTIVA, os resultados foron:

ALBA RIVERO: 4ª en salto de altura (1,00 m); 4ª en 80 m. (13:28); 2ª en 150 m (26:83)

DANIEL CASTILLO: 7º en salto de lonxitude (3,23 m): 6º en 500 m. (1:54:71)

AÍDA MARTÍNEZ: 1º en 2.000 m (8:12:79); 4ª en lanzamento de pelota (12,76 m)

JOSE CASTILLO: 5º en lanzamento de peso (6,52 m); 10º en salto de lonxitude (2,60 m); 8º en 80 m. (13:67)

IRIA LAMA: 3ª en 80 m. (12:29); 1ª en 150 m. (25:33); 3ª en salto de lonxitude (3,41 m)

MIRIAM OPAZO: 1ª en 1.000 m. (3:57:12); 6ª en salto de lonxitude (2,84 m)

ÁLVARO LÓPEZ: 1º en 1.000 m (3:22:19)

NOELIA FEIJOO: 3ª en salto de lonxitude (2,70 m); 6ª en 50 m. (9:49)

IRIS CASTRO: 5ª en 50 m (9:21); 3ª en 500 m. (1:58:23)

IRIA ALONSO: 8ª en 500 m. (2:11:54)

A próxima cita será o Campeonato Galego de Pista, que se celebrará en Pontevedra o día 29 de maio.

Actualizado (Lunes, 10 de Mayo de 2010 12:42)

 

PostHeaderIcon MARATON DE MADRID 2010

O pasado domingo día 25 de abril, celebrouse en Madrid a XXXIII MARATÓN DE MADRID.

Roberto Feijoo e Augusto López, atletas da A. D. LIMIACTIVA, lograron rematar a proba en 3:31:30 e 3:58:00 respectivamente, a pesar dos 26º de temperatura que había na capital de España.

O keniata Thompson Cherogony logrou un novo record da carreira cun tempo de 2:11:27, mentres que Miguel Ángel Gamonal proclamouse Campión de España.

 

Actualizado (Viernes, 30 de Abril de 2010 17:57)

 
Más artículos...
VISITAS Á WEB
mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHOXE129
mod_vvisit_counterONTE185
mod_vvisit_counterESTA SEMÁN767
mod_vvisit_counterESTE MES1549
mod_vvisit_counterTOTALES36223
Visitas dende o 01/09/2009
IMAXES LIMIACTIVA
  • An Image Slideshow
  • An Image Slideshow
  • An Image Slideshow
  • An Image Slideshow
  • An Image Slideshow
  • An Image Slideshow
  • An Image Slideshow
A ENQUISA
¿Qué crees que é mais prioritario en Xinzo?