O pasado sábado día 13 de marzo, a Asociación Deportiva Limiactiva, en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia, organizou a 1ª XORNADA XOGANDO Ó ATLETISMO.
Entre os obxetivos que se perseguían ca organización de este evento estaban a promoción da práctica deportiva, achegar o deporte do atletismo á xuventude limián, e dar a coñecer a nova Escola de Atletismo Limiactiva.
Nesta xornada participaron un total de 72 xóvenes atletas, con edades comprendidas entre os 9 meses e os 13 anos.
A A. D. LIMIACTIVA organizou probas individuais de velocidade, salto de lonxitude e lateral, lanzamento de xabalina e lanzamento de peso.
Na modalidade de equipos fixeronse probas de relevos, con e sen obstáculos.
Foron maís de 3 horas de atletismo, onde o númeroso público que se achegou ó pavillón de deportes, animou a tódolos atletas, especialmente ós mais pequenos.
Tamén se fixo o I TROFEO CHUPETE DE OURO(carreira de tacatás e andadores), para nenos e nenas de 9 a 14 meses.
O remate da xornada houbo reparto de medallas para os gañadores e agasallos para tódolos participantes.
Dende a A. D. LIMIACTIVA, queremos agradecer a gran acollida que tivo esta iniciativa e o apoio mostrado, tanto dende a Concellería de Deportes coma dos colexios e escolas in
fantís da comarca, polo que xa se están planteando a organización de varios eventos para os próximos meses.
