BENVIDOS A PÁXINA DE LIMIACTIVA
MARATON DE MADRID 2010
O pasado domingo día 25 de abril, celebrouse en Madrid a XXXIII MARATÓN DE MADRID.
Roberto Feijoo e Augusto López, atletas da A. D. LIMIACTIVA, lograron rematar a proba en 3:31:30 e 3:58:00 respectivamente, a pesar dos 26º de temperatura que había na capital de España.
O keniata Thompson Cherogony logrou un novo record da carreira cun tempo de 2:11:27, mentres que Miguel Ángel Gamonal proclamouse Campión de España.
Actualizado (Viernes, 30 de Abril de 2010 17:57)
|
| POSTO | NOME | TEMPO |
| 72 | JOSE ANTONIO VALLEJO | 1:20:44 |
| 114 | MIGUEL ÁNGEL DÍAZ | 1:22:46 |
| 535 | ROY GONZÁLEZ | 1:31:59 |
| 642 | ROBERTO FEIJOO | 1:34:33 |
| 1785 | AUGUSTO LÓPEZ | 1:49:56 |
| 2087 | ÓSCAR GÓMEZ | 1:53:31 |
Actualizado (Martes, 13 de Abril de 2010 00:23)
TROFEO CASA DA XUVENTUDE. CAMPEONATO PROVINCIAL 10.000 M. L.
O sábado día 27 de marzo, celebrouse na Pista de Atletismo de Monterrei o Campeonato Privincial de 10.000 metros, no que Jose Antonio Vallejo, a derradeira fichaxe da A. D. Limiactiva, acadou a 6ª posición (4ª na categoría senior)
Por parte do noso clube, tamén participaron Miriam Opazo (5ª en categoría infantil) e Álvaro López (4º en categoría infantil) en 1.000 metros, e Aída Martínez (2ª en categoría alevín) e Daniel Castillo (7º en categoría alevín) en 500 metros.
Fotografías: Carlos Quiroga
Actualizado (Miércoles, 31 de Marzo de 2010 19:19)
ÉXITO DA 1ª XORNADA XOGANDO Ó ATLETISMO
O pasado sábado día 13 de marzo, a Asociación Deportiva Limiactiva, en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia, organizou a 1ª XORNADA XOGANDO Ó ATLETISMO.
Entre os obxetivos que se perseguían ca organización de este evento estaban a promoción da práctica deportiva, achegar o deporte do atletismo á xuventude limián, e dar a coñecer a nova Escola de Atletismo Limiactiva.
Nesta xornada participaron un total de 72 xóvenes atletas, con edades comprendidas entre os 9 meses e os 13 anos.
A A. D. LIMIACTIVA organizou probas individuais de velocidade, salto de lonxitude e lateral, lanzamento de xabalina e lanzamento de peso.
Na modalidade de equipos fixeronse probas de relevos, con e sen obstáculos.
Foron maís de 3 horas de atletismo, onde o númeroso público que se achegou ó pavillón de deportes, animou a tódolos atletas, especialmente ós mais pequenos.
Tamén se fixo o I TROFEO CHUPETE DE OURO(carreira de tacatás e andadores), para nenos e nenas de 9 a 14 meses.
O remate da xornada houbo reparto de medallas para os gañadores e agasallos para tódolos participantes.
Dende a A. D. LIMIACTIVA, queremos agradecer a gran acollida que tivo esta iniciativa e o apoio mostrado, tanto dende a Concellería de Deportes coma dos colexios e escolas infantís da comarca, polo que xa se están planteando a organización de varios eventos para os próximos meses.
Actualizado (Lunes, 15 de Marzo de 2010 01:20)
MOITAS INSCRICIÓNS PARA A XORNADA DO SÁBADO
A I XORNADA XOGANDO Ó ATLETISMO, está tendo gran acollida entre os xóvenes deportistas da Limia.
A esta hora, e cando aínda queda todo o venres para apuntarse, xa sobrepasamos os 50 inscritos, polo que a participación esperada será moi alta.
























