Última actualización en 30-01-2012 Publicado en 30-01-2012 Escrito por Super User
Imprimir Email

A nosa atleta de categoría infantil,Aída Martínez, proclamouse vencedora do  I Cross Compostela, celebrado o pasado domingo día 29 de xaneiro no circuito do Monte do Gozo.

Aída percorreu os 1.560 metros nun tempo de 0:06:16, completando o podio desta categoría Lucía Suárez (Universidade Compostela) e Lucía Cardesín (CEIP San Narciso).

Outro participante foi Jose Antonio Vallejo, que acadou a posición 51º, parando o crono en 0:39:55 nos 10.435 metros.

Unha carreira que gañou Manuel Ángel Penas (0:34:15), seguido de Pedro Nimo e Hassan Lekhili

Categoría: NOVAS
Impactos: 5
Última actualización en 25-01-2012 Publicado en 25-01-2012 Escrito por Super User
Imprimir Email

Daniel Castillo e Aída Martínez, ambos de categoría infantil, proclamáronse vencedores na carreira de 4.500 metros celebrada en Boborás o pasado domingo día 22 de xaneiro.

Na proba participaban as categorías alevín, infantil e cadete conxuntamente, o que fai máis salientable o resultado acadado por estes atletas que pararon o crono cun tempo de 17:50 para Daniel e 19:07 para Aída.

No resto de categorías participarón:

Breixo Salgado (2º Benxamín)

Mauro Feijoo (3º Benxamín)

Joao Morales (6º Benxamín)

Fabio Feijoo (8º Benxamín)

Na carreira absoluta participamos cun total de 9 atletas, destacando os resultados de Martín Morales e Cástor Salgado que cruzaron a meta en 11º e 12º posto, despois de percorrer os 7.500 metros.

Categoría: NOVAS
Impactos: 9
Última actualización en 11-01-2012 Publicado en 11-01-2012 Escrito por Super User
Imprimir Email

Miriam Opazo participará no Campeonato Galego Cadete de Cross.

Categoría: NOVAS
Impactos: 10
Última actualización en 17-01-2012 Publicado en 17-01-2012 Escrito por Super User
Imprimir Email

O frío e a choiva fixeron acto de presencia nunha xornada marcada pola excelente participación no Memorial Alejandro Lorenzo e nos Campeonatos Galegos por equipos e Cadete-Xuveníl.

O peor da mañá, referíndonos á climatoloxía, tivérono que soportar os mais pequenos, os benxamíns que percorreron unha distancia de 800 metros, sendo gañadores Belén Garcia e Jonás Redondo, ambos do ADAS.

O equipo do Limiactiva, formado por Carlos, Mauro, Joao, Breixo, Marco e Juan acadou a 5ª posición.

Na categoría alevín os gañadores foron Lucía López (Franciscanos) e Leonardo Giovanni (Val Miñor).

O Limiactiva estivo representado na categoría femenina por Ainhoa Pérez (16º) e Paula Conde (38ª). Marco Rivero (14ª) participou na carreira masculina.

Xa na categoría Infantil Aída Martínez logrou cruzar a meta en 5ª posición, María Conde (16ª) e Irene Morales (28º) tamén acadaron boas marcas nunha carreira dominada de principio a fin pola atleta do Atletismo Porriño Iria Rodríguez.

Daniel Castillo clasificouse na 18º posición na carreira infantil que gañou Lorenzo González (Val Miñor).

CAMPEONATO GALEGO CADETE XUVENIL

Miriam Opazo foi a nosa única representante nesta proba, acadando a posición 40 cun tempo de 16:17 nos 3.400 metros.

CAMPEONATO GALEGO ABSOLUTO CROSS CORTO POR EQUIPOS

O Limiactiva tivo unha boa representación, formando un equipo con 11 atletas, que acadaron a mellor clasificación do clube nun campeonato galego por equipos (10º), sendo o 3º equipo da provincia de Ourense en cruzar a meta.

Jose A. Vallejo (42º), Cástor Salgado (66º), Roy González (77º), Martín Morales (88º), Miguel A. Díaz (105º), Iván Álvarez (113º), Roberto Feijoo (126º), Tomás Martínez (135º), Ángel Hugueros (140º), Francisco Dalama (145º) e Bruno Feijoo (150º).

Noraboa a todos.

Fotografía: tito-ourense.blogspot.com

Categoría: NOVAS
Impactos: 16
Última actualización en 11-01-2012 Publicado en 11-01-2012 Escrito por Super User
Imprimir Email

Lista de inscritos para participar no Memorial Alejandro Lorenzo do domingo día 15.

Categoría: NOVAS
Impactos: 39
Contador de Visitas
002655
HOXEHOXE16
ONTEONTE81
ESTA SEMÁNESTA SEMÁN438
ESTE MESESTE MES313
TOTALTOTAL2655
CALENDARIO
Febrero 2012
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 1 2 3 4