O pasado sábado, os xóvenes atletas da A. D. Limiactiva, acadaron 15 medallas no Campeonato Provincial Escolar que se celebrou nas pistas Josefina Salgado de Monterrei.
Unha longa e calurosa xornada que comezou ás 11:00 h e que se prolongou ata preto das 20.00 h.
Os medallas de ouro foron para Nicolas Cubillas (Lanzamento de Pelota benx-21,01 m), Aída Martínez (3000 metros Inf-11:57), Daniel Castillo (1000 m Inf-3:43), Carlos González (Lonxitude Benx-3,21) e Lucía Gómez (500 metros Alev-1:39).
Conseguiron a medalla de prata: Daniel Castillo (Triple salto Inf-8,54 m), Lucía Gómez (lonxitude Alev- 3,53 m), Ainhoa Pérez (1000 metros Alev-3:50), Andrea Opazo (500 Metros Benx-1:50) e Marco Rivero (500 metros Alev-1:33).
As medallas de bronce foron para: Breixo Salgado (1000 metros benx.-4:04), María González (Lanzamento de Peso Alev- 6,51 m), Iris Castro (60 metros alev- 9:51), Isidro Rodríguez (50 metros benx-8:65) e Daniel Castillo (Lonxitude inf- 3,93 m).
Un total de 5 ouros, 5 pratas e 5 bronces que recompensan o esforzo deste atletas durante toda a tempada e confirman o bo traballo que se está a facer coas categorías base de este clube.

Foto: Lucía Gómez no podium dos 500 metros alevín fem.
Cando ainda falta un día para pechar as inscricións da III XORNADA XOGANDO Ó ATLETISMO, xa temos 86 inscritos, o que significa que este sábado, viviremos unha boa xornada de atletismo vendo como os mais cativos disfrutan facendo deporte.
Destacar a participación esperada na categoría Prebenxamín (2005-2006), pois xa contamos con 30 inscritos.
Pola contra, nas categorías Chupete e Cadete tan so contamos con 5 inscritos en cada unha delas.
Aínda queda todo o día de mañá venres para realizar a inscrición e non esquezades traer o voso Quilo Solidario, que donaremos a Cáritas.
Despois de varios intentos, por primeira vez, un equipo absoluto da A. D. LIMIACTIVA sube ó podium.
Foi o pasado domingo día 12 de febreiro, no Campeonato Provincial Absoluto de Campo a Traves, que se celebrou no circuito de Monterrei.
O equipo formado por Vallejo (5º), Cástor (14º), Miguel (19º), Martín (20º), Roy (21º), Iván (27º) e Roberto (28º), acadaou a terceira posición na carreira, despois dunha bonita loita cos atletas do Burgas Atletismo, que con só un punto de desvantaxe ocuparon a 4ª praza.
O Campeonato Provincial foi para o Ourense Atletismo Academia Postal e o Adas Barco ocupou o segundo escalón do podium.
Francisco Dalama participou na carreira para Veteráns B, C e D entrando na 13º posición da súa categoría.
O próximo reto será o Campeonato Provincial de 10.000 metros en pista do vindeiro domingo día 4 de marzo.

O pasado sábado, celebrouse no circuito de Monterrei, o Campeonato Provincial de Campo a Través Escolar.
Ata ali nos desprazamos con 18 xóvenes atletas da A. D. Limiactiva.
Un ano mais, e xa van 5 consecutivos, Aída Martínez é campeona provincial, demostrando que é a mellor fondista da provincia de Ourense e unha das mellores a nivel galego.
Miriam Opazo acadou a 3 posición na categoría cadete, polo que conta cunha praza para o Campeonato Galego, ó que tamén acudirán Daniel Castillo (4º infantil) e Marco Rivero (5º alevín).
Irene Morales quedou ás portas de conseguir a clasificación directa, pois cruzou a meta en 9º lugar na carreira infantil.
Na clasificación por equipos, acadamos a 6º posición na categoría benxamín masculina e a 5º na alevín femenina.
Noraboa a tódolos participantes.

Foto: Equipo Benxamín formado por Joao, Juan, Breixo, Nico, Mauro e Isidro.









