Limiactiva
XX MEDIA MARATÓN CIDADE DE VALLADOLID - 21/09/08

O día 21 de setembro, Valladolid celebra a XX edición da Media Maratón.

Dende esta asociación estamos preparando a viaxe a Valladolid para participar nesta proba.

A inscrición custa 12 € ata o 31 de xullo. Logo pasará a 15 €.

As prazas para participar son limitadas ata 1.700 atletas.

Se estades interesados en participar, poñédevos en contacto con nos canto antes.

Tedes mais información na web Media Maratón de Valladolid

Engadida o 23 Jul 2008
OS VETERÁNS DO ANTELA XOGAN CONTRA O R.C. CELTA DE VIGO

Este sábado día 19 de xullo, a partir das 19:00 h, no campo de A Moreira de Xinzo de Limia, o equipo de fútbol de Veteráns do Antela F.C. xogará un partido amistoso contra o R.C. Celta de Vigo.

Este partido está incluido dentro do programa deportivo das Festas de Santa Mariña, que entre outras actividades inclúe un campeonato de chave e outros xogos tradicionais.

Engadida o 16 Jul 2008
PEDRO TEJADA FICHA POLO CLUBE

O deportista limián Pedro Tejada, ficha pola A. D. LIMIACTIVA.

O porteiro do equipo de fútbol de veteráns do Antela C.F., confirmou o seu interese por formalizar a sua ficha na sección de atletismo.

O seu debut na IV CARREIRA POPULAR NOCTURNA DE XINZO DE LIMIA, e acadar o posto 63 na clasificación da carreira absoluta, animaron a este atleta veterán a engancharse ó mundo das probas populares.

Dende esta asociación dámosche a benvida, e esperamos que disfrutes das carreiras e da nosa compañía.

Engadida o 08 Jul 2008

<< Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Seguinte >>

Documento sin título
Patrocinadores
Cervecería, Cafetería, Bar de Copas, Xinzo de Limia
Deputación de Ourense Esquina rúa ervedelo/estadio do Couto