Limiactiva
XXXI CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO

A XXXI Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, celebrarase o domingo día 18 de novembro de 2007.

Engadida o 08 Nov 2007
A POPULAR DE XINZO O DÍA 13 DE XANEIRO

Xa temos data para a próxima edición da Carreira Popular de Xinzo de Limia. Será o día 13 de xaneiro, data que coincide co Domingo Fareleiro.

Despois de varias conversas co Concello de Boborás para facer que éstas carreiras non coincidiran, estableceuse de mutuo acordo a celebración da carreira de Xinzo o día 13 de xaneiro e a de Boborás probablemente o día 20 ou o 27 de xaneiro.

Adiantamos que este ano haberá novidades. Próximamente teredes máis información.

Engadida o 30 Oct 2007
II Interrunning Intersport Piñeiro 11/11/07

O Porriño celebra o próximo dia 11 de novembro a II Interrunning Intersport Piñeiro, unha proba de 10 km para ir quentando motores para o San Martiño de Ourense.

As inscricións estarán abertas ata o día 8 e hai que pagar 2 euros en concepto de alquiler de chip.

Os interesados en participar pódevos en contacto con Óscar.

Mais información en Carreira do Porriño

Engadida o 30 Oct 2007

<< Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Seguinte >>

Documento sin título
Patrocinadores
Cervecería, Cafetería, Bar de Copas, Xinzo de Limia
Deputación de Ourense Esquina rúa ervedelo/estadio do Couto