![]() |
|
NOVAS FICHAXES NA ASOCIACIÓN
Dúas novas incorporacións na sección de atletismo. Trátase de Adrián Rodríguez Ferreira do ano 1991 e de Roberto Feijoo Cantarilla de categoría sénior. Estas novas fichaxes incrementan a plantilla da sección de atletismo a 12 atletas, esperando que nos próximos meses haxa novas incorporacións. Engadida o 02 Jan 2008
VI CARREIRA PEDESTRE DE NADA. SAN CIBRAO DAS VIÑAS. 23/12/07
Un ano mais, San Cibrao das Viñas organiza a súa carreira de Nadal. Hai modificación de circuito e nesta edición tamén se cambian os horarios das carreiras, comezando as 10:30 H pola carreira infantil, mais tarde, as 11:30 a carreira de pitufos e, para rematar a carreira absoluta terá a saída as 12:00. As inscricións rematan o venres as 20:00 H así que apresurarse a facela. Vémonos o domingo. Engadida o 21 Dec 2007
XA ESTÁ HOMOLOGADO O CIRCUITO
O pasado sábado día 8 de decembro, recibimos a visita dos homologadores da Federación Española de Atletismo para medir o circuito da que será a primeira edición dos 10 Km. Vila de Xinzo de Limia. O circuito sufriu algunhas modificacións para poder ser homologado. Pero esperamos que poidades acadar boas marcas neste novo circuito de 5 km, ó que teredes que dar duas voltas. Comentarvos que hai novidades con respecto ó ano pasado. Á xa mencionada homologación do circuito, súmaselle a implantación dos chips na carreira absoluta. Próximamente teredes tóda a información da carreira. Ide entrenando que so queda un mes. Engadida o 13 Dec 2007
|
![]() |
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |








