![]() |
|
CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO (OURENSE)
O domingo día 16 de novembro, teremos a Carreira Popular San Martiño, na cidade de Ourense. Unha proba que cada ano que pasa, crece en participación, e que para este ano espera batir tódolos records, tando de inscritos como de chegados a meta. Dende LIMIACTIVA colaboraremos con 15 atletas, a que estes records se acaden. Sorte á organización e tódolos participantes. Engadida o 15 Nov 2008
XXXI CARREIRA PEDESTRE POPULAR SANTIAGO DE COMPOSTELA
O próximo día 26 de outubro, celebrarase unha nova edición da que moitos consideran a mellor carreira popular de Galicia. É impresionante a cantidade de atletas populares que se dan cita en Compostela, tanto na carreira absoluta como na escolar. Dende esta web animamos a participar a todo o mundo, pois trátase dunha festa do atletismo popular, cas rúas de Santiago cheas de xente animando a tódolos corredores, dende o primeiro ó último. Tedes máis información da carreira na web do Correo Galego.
Engadida o 11 Oct 2008
PARTICIPACIÓN DE LIMIACTIVA NA II MARATÓN DO MIÑO
Estes son os atletas de LIMIACTIVA que participarán na segunda edición da Maratón do Miño. Na carreira por relevos, presentaremos dous equipos: 1º- Atanes, Miguel Ángel Díaz, Máximo. 2º- Juan Manuel Alonso, Óscar, Ángel Hugueros. Roberto Feijoo correrá os 42 qm da maratón. Na andaina, participarán, Noelia, Cristina e Victor. Sorte a todos. Engadida o 23 Sep 2008
|
![]() |
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |








